O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, reuniuse co alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, para tratar diversos temas de interese orientados a impulsar o sector da pataca na comarca.
Durante o encontro abordaron cuestións relacionadas coa organización da Festa da Pataca de Coristanco, que terá lugar en setembro e está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, aproveitaron a ocasión para analizar a situación actual do sector, estratéxico para o desenvolvemento económico e social do rural galego.