O indie folk da banda Bright Eyes chega esta noite á Sala Capitol
EN DIRECTO. Ás 21 horas sobe ao escenario da Sala Capitol (Concepción Arenal, 5) a banda liderada por Conor Oberst, Bright Eyes.
Unha formación consolidada nos 2000 con discos como Lifted e I’m wide awake, it’s morning. Cunhas letras introspectivas e cun estilo indie folk conseguiron facer de Oberst unha das voces máis representativas do xénero.
Logo dunha pausa, a banda regresou en 2020 con Down in the weeds, where the world once was, chegan á sala compostelá con entradas a 30,5 euros.
O Hostal dos Reis Católicos acollen as xornadas de frauta
MÚSICA. O Hostal dos Reis Católicos acolle ás 20.30 horas un novo concerto englobado nas II Xornadas de Frauta de Galicia.
Claudia Walker (frauta) e Joan Ibáñez (piccolo), solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia, propoñen un recital cheo de sensibilidade e virtuosismo, acompañados polo pianista Gabriel López.
No remate, Xavier Lozano transformará o escenario nun universo sonoro de ladrillos, muletas e valados de obra que se converten en instrumentos.
Un concerto que reúne dúas formas de interpretar a frauta «que non deixará indiferente»
‘Na mirada dos espellos’
EXPOSICIÓN. Na Fundación Eugenio Granell, Pazo de Bendaña (praza do Toural), pode visitarse a mostra Na mirada dos espellos.
A mostra ‘Na mirada dos espellos’ / CEDIDA
Exposición evocativa dos 100 anos do Manifesto surrealista, un proxecto comisariado por Miguel de Carvalho que pode visitarse en horario de 11 a 14 e de 16 a 20 horas (de martes a venres).
‘Entre amigos’ no Museo do Pobo Galego
EXPOSICIÓN. A XIII Bienal de Fotografía Etnográfica dos Socios do Museo do Pobo, Entre amigos, ten este ano unha temática marcada polas Letras 2025, con instantáneas sobre o patrimonio inmaterial musical, como as de Denís Estévez, José María Laredo ou Nolo Suárez. Pode visitarse entre as 11 e as 18 horas.
Retrospectiva de Rafael Úbeda no Gaiás
ARTE. Na Cidade da Cultura pode visitarse a mostra Úbeda. Visión retrospectiva, unha ollada á traxectoria creativa de Rafael Úbeda, afondando nos fitos máis relevantes da súa obra.

Unha das obras da mostra ‘Úbeda. Visión retrospectiva’ / Concello de Santiago
Unha exposición que supón, a través de 56 pinturas, cinco debuxos e un audiovisual, un relato pictórico que ten en conta as etapas vitais do artista, vencelladas aos lugares nos que habitou (Pontevedra, Madrid, Holanda e Italia).
Fanzine libertario na Biblioteca Ánxel Casal
MOSTRA. Entre as 8.30 e as 14.30 horas pode visitarse na Biblioteca Pública Ánxel Casal a mostra TintA: unha historia do fanzine libertario, de 1976 á actualidade, unha exposición composta por unha selección de fanzines libertarios xurdidas dende finais dos 70 á actualidade.

A mostra ‘TintA: unha historia do fanzine libertario, de 1976 á actualidade’ / CEDIDA
Unha realidade vivencial de sindicatos, ateneos, asociacións culturais e individualidades.
Música chilena no Gaiás con Calle Mambo
CONCERTO. Ás 21 horas a programación Atardecer no Gaiás engade un novo espectáculo.
Desta volta da man da banda chilena Calle Mambo, que veñen para presentar o seu terceiro disco, Retumba la Tierra.
A banda trae ata dez instrumentos tradicionais (quena, quenacho, charango, ronroco…) para invocar o baile e facer viaxar ao público pola diversidade de ritmos do outro lado do Atlántico.