Cando empezaron, imaxinaba que ía durar 25 anos e con éxito?
Nunca fun moito de proxectar. Si era optimista, cría moito no que facíamos, pero nunca fun moito de proxectar máis que dunha forma moi abastracta, pero a verdade é que non, vivía moito o presente e traballaba cada día moi duro. Pero non sería capaz de pensar isto, non, onde estamos hoxe.
Está contenta coa traxectoria?
Si, claro. Hai cousas que aínda queremos facer. Véxoa como u punto no camiño desa procura artística, de ter unha linguxe que non se repita, que evolucione, que estea en movemento, que sea moi visual, que toque moito ás persoas, que saian do teatro emocionadas e con ganas de reflexionar sobre as cousas. Pero temos moito que facer aínda, dame a impresión de que estamos en Primaria. Chegar a facer todo ben, ben, é un camiño moi longo. Si que estou contenta e satisfeita e agradecida á vida e ás oportunidades e, dalgunha forma, aos erros, porque se non nos equivocamos, non evolucionamos. E, se veñen de facer cousas diferentes, satisfaime porque, se estamos nun terreno artístico, a creación escénica non é para repetirnos, é para servir á arte, innovar, buscar e poñer en causa a linguaxe escénica, para innovar e evolucionar e non caer en receitas. Que é un pouco difícil porque estamos inseridos nun sistema moi comercial, e entón equilibrar a túa inquietude artística con facer unha peza que funcione a nivel de público, que queira vela, é o grande desafío hoxe en día. Vivimos en Galicia e España un sistema moi comercial. Temos que facelo moi accesible e que a xente teña vontade de ver máis e seguirnos e que saia do teatro feliz de ter entrado ese día.
Que querería facer antes de xubilarse?
Mellores espectáculos cada vez. Cos anos vamos aprendendo. Espectáculos grandes, que circulasen por Europa adiante e máis alá, porque si que temos esa vontade dentro da nosa propia xénese de facer unha linguaxe moi visual que estea máis aló da palabra. Estamos moi felices do traballo que facemos en Galicia, Portugal, no resto do Estado, pero somos moi viaxeiros, temos espírito de viaxeiros. Xa estivemos dirixindo espectáculos en Alemaña, tivemos xira en Colombia… Temos gana diso. Ao saír crecemos como artistas e como persoas. Ver con distancia a nosa realidade sempre me resulta moi importante. Vivín en Bruxelas 7 anos porque necesitaba distancia para verme en vez de co microscopio, co catalexo. Para min foi moi importante para encontrar quen era. Aínda sigo buscando, pero facer cousas e ter esa linguaxe propia máis afinada, conseguir transmitir, facer unha creación que emocione e toque a travé do texto e das imaxes, esa é a esencia. E encantaríame que o publico enchese os teatros como cando veñen persoas da televisión. Estamos como á marxe do sistema máis televisivo. Como que é para unha elite o tetro, e o que nos facemos gústalle a todo o mundo. E encantaríame que todo o mundo nos descubrise. Pero bueno, non me queixo, estou super contenta.
Destes 25 anos, o momento máis bonito ou de maior realización, e o peor.
Esta é unha arte de grupo na que todo funciona a través das enerxías das persoas, é colectiva. O máis difícil que ten pasado é cando nos equivocamos en escoller, traballamos con persoas que non facían parte da nosa dinámica. Co corazón na man, hai que ter un equipo en sintonía. E o mellor, cada vez que estou en escena e hai esa comuñón co publico, cando estou interpretando e hai esa sensación de unión coas espectadoras e os espectadores, é case como algo místico para min. Ese lado máis espiritual do teatro. Non pasa sempre, pero pasa bastante. Esa unión, cando todo flúe, dalle sentido a todas as dificultades que hai, que son moitas.
Xa.
Algo que recordo con moito amor foi cando levamos o primeiro premio María Casares. Foi un premio que nunca máis se vai poder repetir, porque poi un premio absoluto, porque non había para a infancia. Un espectáculo noso para a infancia levou premio absoluto. Cicíame Camilo Franco: «Isto é algo histórico, María. Nunca un espectáculo para a infancia levou un premio absoluto». Foi unha maneira de reivindicar o valor formal, estético, do fondo e a forma das pezas para infancia, que sempre foran consideradas de segunda división». E ao ano seguinte, a asociación de actores creou unha categoría especial para a infancia. E ademais, isto xa é a parte romántica, xusto o meu pai acababa de falecer había moi pouco. E sempre me dicía: «María, é unha profesión moi dura, estás segura? Deume pena que non conseguiu ver este fito, pero tiña ao meu bebé recén nacido, a nosa segunda filla. Foi moi emocionante esa época.