MANCOMUNIDADE DE ORDES | A Xunta apuntala o labor dos Centros de Información á Muller da comarca de Ordes con 368.000 euros

Os concellos da Mancomunidade de Ordes reciben este ano case 368.000 € da Xunta para apoiar os seus Centros de Información á Muller (CIM) e para actividades de promoción da igualdade e o Plan Corresponsables. A entidade, que engloba os municipios de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo, recibiu 120.000 € para financiar a contratación das 4 persoas que atenden o seu CIM, e máis de 15.400 do programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

Fuente