Oedificio multiúsos Terra do Queixo de Arzúa acolleu este sábado a 40ª Mostra Galega de Apicultura, cun completo programa de charlas e actividades de divulgación que reuniu expertos, produtores e público de todas as idades ao redor da cultura do mel e das abellas.
Oprimeiro relatorio versou sobre a importancia dos ácidos orgánicos e das substancias naturais no control da varroa, e correu a cargo de Filipa Pucarico (Hifarmax).
Un equipo do hospital S. João do Porto, encabezado pola doutora Alice Coimbra, ofreceu un servizo de análise sanitaria (varroa, nasema, apitoxicidade…) aos apicultores que levaron mostras.
Tamén houbo catas de mel e queixos de Arzúa e obradoiros de gominolas con mel, e moitos asistiron ao Xantar Abelleiro.