O vindeiro mércores 18 de xuño, o Centro Social do Concello de Padrón acollerá unha xornada participativa dirixida a persoas autónomas, emprendedoras e profesionais que realizan trámites frecuentes coa Administración Xeral do Estado, co obxectivo de identificar e analizar as principais cargas administartivas que dificultan o exercicio das actividades económicas e profesionais.
A sesión comezará ás 16.30 horas coa intervención do alcalde, Anxo Arca, ao que seguirán representantes institucionais como Eduardo Abad Sabaris, presidente de UPTA España; ou Inés Mazuela Rosado, responsable institucional e xurídica de UPTA España.
Ás 17.00 horas presentarase o Método Simplificado de Medición de Cargas Administrativas a cargo de Carmen García Sánchez, técnica de UPTA España, seguido dun coloquio aberto con todas as persoas asistentes.
O aforo é limitado, polo que as persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do correo [email protected] ou no teléfono 915 39 81 26.