DECLARACIÓN RAXOI MEDICINA USC | Os grupos políticos de Raxoi rexeitan a creación dun novo grao en Medicina

Os grupos políticos da Corporación municipal de Santiago pecharon filas onte polo mantemento da exclusividade da titulación de Medicina na USC. O Pleno aprobou por unanimidade unha declaración institucional na que rexeita «a proposta para a creación dun novo grao de Medicina no Sistema Universitario Galego, en contra do acordado e establecido no convenio que regula a colaboración na docencia clínica do grao de Medicina da USC, asinado no 2015».

Fuente