Santiago transfórmase nun fervedoiro de actividade e celebración. No medio deste bulicio festivo, a gastronomía eríxese como un dos principais reclamos, atraendo a quen desexa saborear o mellor da cociña local.
Desde os recunchos máis tradicionais ata os locais máis vangardistas, a oferta culinaria da capital é unha verdadeira celebración de sabores, aromas e texturas que conquista a quen ten o pracer de desfrutala.
Dende carnes a peixes pasando por verduras, legumes ou mariscos, moitos establecementos gañáronse un lugar privilexiado nos corazóns dos comensais máis esixentes. Coa tradición e a referencia da cociña local como bandeira, propoñemos dous lugares que destacan polas súas propostas gastronómicas.
San Lázaro 104 e Avenida da Liberdade 11. Tanto na Bodeguilla de San Lázaro como na de Bodeguilla de Santa Marta, as suxestións do día marcan a orde da cociña. Peixes, carnes ou verduras da praza e unha elaboración tradicional completan unha oferta ideal e pensada para compartir ao redor dunha boa botella de viño.