O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, participaron este martes na reunión da Mesa de Comercio Local de dita localidade.
Alén destacou a importancia destes encontros nas principais vilas e cidades galegas para adoptar medidas adaptadas á realidade do sector.
Asimesmo, o director xeral participou na presentación da tarxeta-agasallo Corazón de Noia, unha iniciativa organizada pola Asociación de Comerciantes e Profesionais Noia Histórica para canxear nos distintos establecementos adheridos do municipio, co obxectivo de incentivar as compras, fortalecer o comercio de proximidade e contribuír á dinamización da economía local.
As tarxetas poden adquirirse a partir de 10 € nos establecementos adheridos á campaña para poder regalalas e logo ser canxeadas nos mesmos.
Na presentación participaron tamén o edil de Cultura, José Pérez, e a presidenta e a xerente de Noia Histórica, Alba Expósito e Belén Arróniz, respectivamente.