ALBA CARRILLO SURF A CORUÑA

O afamado cirurxián Diego González Rivas, premiado por este diario co Galego do Ano en 2023, ensinará A Coruña durante un día á modelo e comunicadora Alba Carrillo hoxe, mércores, ás 21.50 horas na Televisión de Galicia (TVG), nun novo episodio de A miña gran cidade. A convidada só tivo boas palabras para o seu anfitrión: «A xente tenlle moito cariño a Diego na Coruña, é un orgullo», confesa Carrillo, que considera ao seu anfitrión «a persoa máis importante coa que estiven nunca» e a quen «deberían darlle o Princesa de Asturias».

Fuente