A Xunta de Goberno de Rianxo vén de aprobar as bases das novas axudas municipais para favorecer a implantación de novas empresas e comercios.
A iniciativa, segundo o alcalde, Julián Bustelo, busca «atraer novos negocios ao noso municipio subvencionando parte dos gastos da súa posta en funcionamento». Esta iniciativa, xunto con outras que xa se executaron, «quere favorecer a apertura de novos establecementos comercias coa finalidade de dinamizar a nosa pequena e mediana economía», destacou.
Cada novo establecemento que abre, engadiu, «supón un chanzo máis no camiño cara a recuperación do dinamismo comercial do noso pobo».
A persoas interesadas deberán presentar a solicitude a partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Poderán acceder a unha axuda de 2.000 €.