As Festas da Pascua de Padrón comezaron o pasado venres 11 de abril mantendo o seu carácter tradicional e cun ambicioso programa para todos os públicos e que consolida á localidade como destino de referencia entre as principais festas da comunidade.
Unha Pascua para «poñer en valor o talento da comarca»
Mañá, sábado, celebrarase a inauguración oficial das festas coa lectura, ás 21.00 horas na praza de Macías, do pregón a cargo da triatleta padronesa Martina López Gestal, pioneira na súa disciplina ao ser a primeira muller en obter no Triatlón Vilagarcía, logrando importantes recoñecementos como o campionato de España de triatlón de media distancia no 2021.

Unha Pascua para «poñer en valor o talento da comarca»
A presenza da deportista local como pregoeira reforza a aposta dende o Concello por «poñer en valor o talento da nosa comarca». Neste sentido a a creadora de contido de Valga, Sara Seco, será a encargada de conducir este acto de apertura dos festexos. Ademais, o artista dodrense Mateo Pardal, Lestrovense, foi o encargado de deseñar o cartel deste ano, co que quixo reflexar «o carácter tradicional a través do folclore e do baile galego, representado por tres bailarinas, unha delas vista desde unha perspectiva aérea na parte superior dereita».
Ademais, como destaca o artista, a combinación de cores primarias como o amarelo, o azul e o vermello, xunto co negro «será un forte contraste que simboliza a dualidade da festa». «Por unha parte evoca a ledicia e a luminosidade da feira, coas súas luces e focos das atraccións, e, por outra, suxire as sombras danzantes das persoas na noite, nun xogo de luces e contrastes que reforza a atmosfera dinámica e festiva do evento».