O Concello de Noia deu inicio ás obras de mellora na zona do Castro Lampreeiro, en Santa María de Roo, cun investimento total de 180.000 euros.
Os traballos inclúen a pavimentación das vías e a instalación de colectores de saneamento e pluviais, accións clave para mellorar as infraestruturas desta área rural.
Obras de mellora na zona do Castro Lampreeiro / Cedida
Este martes, o alcalde, Santiago Freire, e a concelleira de Obras, Laura Salgado, visitaron a zona para supervisar os avances e reunirse con veciños, representantes da empresa adxudicataria e a dirección de obra.
Durante o encontro, destacaron a importancia desta intervención para mellorar a accesibilidade e preservar o patrimonio cultural, especialmente nun enclave próximo á central hidroeléctrica do Tambre.