O edificio Multiúsos de Rois acolle, dende o pasado venres 24 de xaneiro, a exposición de pintura Olladas, unha mostra do artista local Adrián Hermida que foi presentada polo alcalde, Ramón Tojo.
Natural da aldea de Barro, en Oín, Adrián Hermida comezou no mundo da pintura con vinte anos e foi perfeccionando diferentes técnicas ao longo do tempo, cuxa evolución se pode apreciar nas obras que forman parte desta mostra.
Na mesma recóllese unha coidada selección de paisaxes e retratos deste artista autodidatca.
As obras expostas están á venda e poden adquirirse poñéndose en contacto co artista grazas ás tarxetas que acompañan a mostra, que estará aberta ao público ata o 28 de febreiro, podéndose visitar de xeito gratuíto.