O Concello de Boiro suma seis novos axentes ao seu cadro da Policía Local, cubrindo as prazas mediante unha Oferta de Emprego Público (OPE).
Os seis novos axentes tomaron posesión dos seus cargos na mañá deste mércores 15 de xaneiro, en presenza do alcalde, José Ramón Romero, o xefe da Policía Local, Francisco Alcalde, e o axente Raúl Frieiro (tamén incorporado recentemente).
Incorporaránse definitivamente en xuño
Os novos efectivos locais superaron as probas realizadas na Academia Galega de Seguridade, onde comezan agora o seu período de formación de seis meses como funcionarios en prácticas. Será en xuño cando se incorporen ao corpo da Policía Local de Boiro de forma definitiva.
O alcalde, José Ramón Romero, desexoulles moitos éxitos na nova etapa que comezan: «Tedes por diante todas as posibilidades para o éxito na vosa carreira laboral, unha profesión dura pero moi gratificante cando se traballa con profesionalidade».
As novas incorporacións, xunto cos procesos de cobertura de prazas que están en marcha para Oficiais e Inspector, farán que o Concello de Boiro «conte cun cadro de persoal na Policía Local acorde ás necesidades do municipio«, afirman dende a casa consistorial.