A estas alturas dou por seguro que todo o mundo sabe de que vai o artigo de hoxe. Pero, por se non fose así, explícoo brevemente. Lalachus presentou, xunto a Broncano, as Badaladas na RTVE. Mentres se despedía, tras as uvas, mostrou á cámara unha estampiña na que víase a famosa vaquiña do popular xogo Grand Prix, a modo de Sacro Corazón de Xesús. Non houbo ningunha alusión á igrexa, non percibín ánimo de burla cara ao cristianismo, nin sequera sutil. Vin, como tantas outras veces, usar un elemento da iconografía da fe cristiá para simbolizar a gran veneración sentida por alguén ou algo. Igual que cando se pon un halo de santidade sobre a cabeza dunha persoa –vinos en deportistas, políticos, cantantes e ata con narcotraficantes–.

Fuente