Policía galega para garantir a nosa seguridade

O ano 2025 comeza para Galicia con graves déficits na nosa seguranza pública. A Policía Autonómica galega (en realidade unha Unidade Adscrita da Policía Nacional-PN-), dotada con 500 prazas das que só unhas 340 arestora están provistas (40% menos que no 2013), mingua de ano en ano. Veñen de se liquidar, de feito, as unidades destinadas a xogo, patrimonio cultural, ambiente e Urbanismo, mentres fican reducidas ao mínimo as de violencia de xénero, incendios forestais e menores. Todas competencias autonómicas que precisan, xa que logo, dun corpo policial de noso para garantirmos o cumprimento das decisións administrativas e de goberno da Xunta de Galicia.

Fuente