MÚSICA. A cantante María do Ceo ofrece a partir das 21 horas na Catedral de Santiago un concerto de Nadal, cun programa composto por panxoliñas, ás que porá voz a popular cantante de orixe portuguesa, coñecida polas súas interpretacións de fados.

O concerto vai contar coa participación do coro de linguaxe de signos Música nas miñas mans. O acceso é libre.

Unha hora antes, na igrexa de Santa María Salomé, o coro de cámara Si vis me canere ofrece un Concerto benéfico en favor da Escola materno infantil Wawa Wasi.

Gran circo de Nadal con animais mecánicos na Cidade da Cultura

CIRCO. A Cidade da Cultura acolle a partir das 18 horas un novo espectáculo, O Gran circo de Nadal, onde osos polares e elefantes animatrónicos –animais mecánicos–, entre outros, prometen abraiar a cativos e adultos.

O ‘Gran circo de Nadal’ chega ao Gaiás Cedida


E como non pode ser doutro xeito nun espectáculo circense, non faltarán tampouco as acrobacias e as coidadas coreografías da man da compañía La Fiesta Escénica. Ademais, nesta ocasión, presentarán algúns dos seus animatrónicos máis novos «en primicia» no Gaiás.

Concertos de Boa Sunet e Mariagrep en Aliaxe

MÚSICA. O ciclo de concertos Aliaxe trae a partir das 19.30h. ao Centro Xove da Almáciga a Boa Sunet e Mariagrep.

Os primeiros interpretan unha música que se sitúa entre o neopop, o electrónico e o R&B. Mentres Mariagrep se centra na música urbana melódica conectada ao pop dormitorio e ao vaporwave.

Ciclo de concertos Aliaxe CEDIDA


Xornada de xogos de mesa en familia nos CSC

XOGOS. Os centros socioculturais (CSCS) da cidade acollen esta tarde unha xornada de xogos de mesa. As primeiras partidas serán a partir das 17 horas en Fontiñas e no Ensanche, e a partir das 18 horas nos CSC de Conxo e da Gracia.

Ademais, o espazo infantil do Mercado de Nadal da Carreira do Conde acolle de 18 a 20 horas, para menores de 4 anos, o obradoiro Unha tarxeta de Nadal divertida.

Concerto de Nadal de Os da Ría

CONCERTOS. Arturito Puy e Fabián Santomé traen ás 20.30h. ao Teatro Principal a súa banda para homenaxeárense a si mesmos ou, como eles din, «aos nóscolos».

Os da Ría, nun ensaio coa banda que os acompañará na súa próxima actuación Jesús Prieto


Logo de moitos anos lonxe dos escenarios, as estrelas da «canción liviá galegueira» prométenlle ao público que lle farán perder «o sentidiño».

A maxia é a protagonista na Ánxel Casal

MAXIA. A programación de Nadal da Biblioteca pública de Santiago Ánxel Casa trae hoxe para todos os públicos o espectáculo Hoxe toca… maxia! porque «todos os días poden ser un día incrible».

Un espectáculo que dará comezó ás 12 horas no salón de actos da biblioteca (na avenida Xoán XXIII), con entrada libre até completar a capacidade do local.

o espectáculo Hoxe toca… maxia! CEDIDA


Teatro e contacontos na Casa das Máquinas 

TEATRO. A Casa das Máquinas acolle hoxe funcións teatrais para público familiar e xuvenil, de carácter gratuíto. A actividade comeza ás 17h. con Os xogos do paporrubio, un compendio de brinquedos animados de temática agraria para coñecer os paxaros máis pequenos da nosa fauna.

E ás 20h. Noitiñas de Nadal. No tempo dun café con Celso F. Sanmartín e Benxamín Otero.

Fuente