A Semana Tola de Feirauto, en Baio (Zas), resultou todo un éxito, tanto en vendas como en visitantes e operacións abertas tras sete días de intensa actividade nos tres talleres que promoven a feira do automóbil de ocasión.
Julio Lema, un dos organizadores, sinalou que «o balance é moi bo e todos estamos contentos, non só polas vendas, senón porque en cada edición que pasa vemos que se fas ben as cousas os resultados chegan». Aínda pendente de pechar o número exacto de vehículos vendidos, o que é seguro é que a cifra supera os vinte e, seguramente, nesta semana vanse pechar máis operacións.
A este respecto, Julio Lema subliña que «para nós son tan importantes os contactos que fas para o resto do ano como as vendas na propia feira». E é que, asegura, «tiven algún día que houbo xente que tivo que marchar e voltar ao día seguinte porque non dábamos atendido aos vistantes que tivemos».
Respecto ao tipo de vehículos máis demandados, asegura que «vendeuse un pouco de todo, tanto furgonetas, como utilitarios e SUV, ademais de monovolumes e berlinas». Lembrar que cada comprador, ademais do seu coche, levouse para a casa un cheque por valor de 200 euros para combustible.
Dende a organización xa pensan na que será a 55 edición de Feirauto.