PENEDOS PASARELA TRABA | Os Penedos de Pasarela e Traba teñen Plan de Xestión tras 16 anos de espera

A Xunta aprobou este luns o Plan de xestión da paisaxe protexida Os Penedos de Pasarela e Traba co reto principal de fixar un marco de referencia específico e duradeiro que garanta a compatibilidade entre a preservación e os diferentes usos públicos deste macizo granítico, localizado nos concellos de Laxe e Vimianzo. Articulado arredor de catro grandes obxectivos, trátase do primeiro instrumento de xestión dunha paisaxe protexida que se aproba en Galicia e nel identifícanse os valores principais que hai que protexer e os posibles riscos que poderían afectarlles, establécense as normas de uso e aproveitamento do territorio e dos seus recursos e determínanse as actividades permisibles para a conservación do espazo e dos hábitats que alberga.

Fuente