SANTIAGO USC ENERXÍA |A USC reduciu a pegada de carbono en 1.397 toneladas co plan de aforro

As medidas aplicadas en materia de eficiencia enerxética por parte da Universidade de Santiago no 2022 implicaron un aforro anual de 1.397 toneladas de dióxido de carbono entre o 2021 e o ano pasado. Trátase dunha cifra que equivale ao que emitirían á atmosfera medio millón de coches ao longo dun día percorrendo cada un deles 25 kilómetros, “xa que un coche de media por kilómetro emite 110 gramos”. Así fai a comparativa o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo Costa.

Fuente