Unhas 70 persoas participaron este sábado na primeira edición da andaina Cee-Corcubión-Dumbría en marcha contra o cancro. O tempo respetou a camiñada durante os preto de 5 quilómetros que percorreron os participantes pola vilas de Cee e Corcubión, «e non fixo falla abrir o paraugas», segundo o técnico de Deportes ceense, Manuel Calo.
Dende a Xunta Local de Cee da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) agradeceron a todos os aos asistentes a súa presenza, así como a colaboración da Policia Local ceense e dos voluntarios das asociacións de voluntarios de Protección Civil de Cee e de Corcubión no dispositivo de seguridade.
Antes da saída tanto a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e o seu homólogo de Corcubión, Xabier Domínguez, felicitaron a todos os membros da xunta local de Cee, así como aos participantes por apoiar coa súa presenza esta loita contra o cancro.