OS SISTEMAS DE CONCERTO como o vasco e navarro respostan a una lóxica confederal. Ollo, digo confederal e non federal; e debe quedar claro que son cousas completamente distintas. No federal, os cidadáns séntense membros dunha comunidade política conxunta (digamos España) e outra de eido territorial máis limitado (por exemplo, Galicia). Os federalistas séntense galegos e españois de xeito simultáneo e non excluínte. O correlato institucional do anterior son gobernos fortes nos dous niveis, con competencias e autonomía tributaria; pero tamén fluxos redistributivos moi importantes entre territorios. Porque asúmese que a fraternidade e a solidariedade non pode rematar nas fronteiras da rexión; que madrileños ou valencianos son compatriotas e que os seus problemas son tamén os nosos problemas.

Fuente