Os bombeiros do parque comarcal-provincial de Carballo recibiron a alerta ás 07.18 horas deste martes por un desprendemento de cascotes desde a fachada dunha superficie comercial na rúa Perú, no casco urbano do municipio.
O labor dos bombeiros consistiu na limpeza dos restos de lousa desprendidos. Na incidencia non se lamentaron danos persoais. Participou tamén a Policía Local de Carballo.
Por outra banda, os bombeiros de dito parque tamén foron alertados ás 19.40 horas deste luns por un incendio que afectou a un vehículo ao carón dunha masa forestal en Montecelo, no concello de Coristanco.
Á chegada dos bombeiros o vehículo atopábase calcinado, polo que o operativo consistiu na extinción do lume que quedaba e previr a través do rego un valo anexo ao turismo e a zona pegada ao monte. Na incidencia non houbo que lamentar danos persoais.
Participaron tamén Garda Civil de Tráfico de Coruña e Protección Civil de Coristanco.
Vehículo calcinado en Coristanco / Cedida