O Concello de Teo, a proposta da Alcaldía, acordou en pleno fixar como festivos locais de 2025 os días da Ascensión (29 de maio) e do San Martiño (11 de novembro), dado que se veñen fixando dende hai moitos anos como festas locais neste municipio. Unha vez aprobada a proposta, darase traslado do acordo á Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Fuente