A imaxe da Coruña que todos levamos dentro é a da Torre de Hércules. E velaí está, si…vendo pasalo tempo, coas súas cicatrices, quizais dende os primeiros anos do cambio de era e sempre suscitando mitos, teorías, creacións, como obra do imperio romano que é, emproando ao “Mare Tenebrosum” . Torre que anuncia un acolledor porto, quizais o “Magnus Portus Artabrorum” e Brigantia, cidade destacada en viaxeiros e xeógrafos da antigüidade, como Ptolomeo, Dión Casio, Istrio Aethico, Orosio, nas Táboas Peutinginarias, no Anónimo de Rávena… por algo no emblema armeiro da cidade, labrada, estampada en selos, moedas, estandartes… da que se fixeron maquetas desaparecidas, como a inicio do XIX a de León Gil del Palacio; retratada por ilustres fotógrafos, velaí as do bretón Plissón, a “Torre de Caramelo” entre a primeira inspiración de Picasso, como do subrrealismo atlántico de Urbano Lugrís, na ollada de Seoane… e tanta literatura.

Fuente