Dous novos incendios en colectores do lixo volveron a poñer en alerta aos bombeiros de Carballo e Rianxo. En Carballo, os efectivos do parque comarcal-provincial foron chamados ás 02.30 horas para sufocar un lume nuns contedores situados no lugar da Brea, xunto ao cemiterio vello, na parroquia carballesa.
Cando chegaron, estaban ardendo dous colectores de residuos orgánicos e ó lixo acumulado ao seu carón. Os bombeiros procederon a extinguir os restos de lixo afectados polo lume e a refrixerar toda a zoa. Na intervención participou tamén unha patrulla da Policía Local de Carballo.
Pola súa banda, en Rianxo ardeu outro colector no lugar de Ourolo, fronte ao bar Confort, de Taragoña. Ata o lugar foron mobilizados os bombeiros do parque comarcal-provincial de Boiro ás 7.30 horas.
Á súa chegada ao lugar, os efectivos da Policía Local de Rianxo xa tiñan o lume case extinguido ao rocialo cun extintor de po. Os bombeiros procederon a rematar de apagar as lapas con auga.