PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS | Parque comarcal de bombeiros: as claves dun conflito que divisa a solución logo de 24 anos de espera

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o edil de Mobilidade, Xan Duro, recibiron na mañá do mércores os alcaldes da comarca para comunicárenlles o contido da xuntanza mantida este martes coa Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña para comezar a traballar na redacción do convenio de colaboración a partir do que crear o parque comarcal de bombeiros.