O alcalde de Padrón, Anxo Arca, presentou esta mañá o cartel das Festas de Pascua 2024, que se celebran do 23 de marzo ata o 7 de abril e nas que o Concello lle rende unha homenaxe a Ramón Casasnovas, mestre no municipio durante catro décadas e unha persoa que durante moitos anos se involucrou e colaborou activamente na organización destas festas. Anxo Arca e a concelleira Chus Campos deron a coñecer unha programación diversa, para todos os públicos, libre de violencia e que aposta pola música galega.