Continúa a Feira de Oportunidades do Comercio e Feira de Antigüidades na Estrada que, a pesar do mal tempo, está a rexistrar un número de visitantes similar ao da anterior edición á espera dos datos do sábado e domingo, cando finalice. Entre as novidades, unha oferta expositivamais variada que en edicións anteriores, dado que hai mais mobiliario, descanso, tapicería ou decoración. E con descontos de ata o 80 por cento.
O que tamén se está a detectar é un lixeiro retroceso no consumo, a pesares de que, segundo a organización, «os artigos á venda son de auténtico saldo, moi inferiores aos rexistrados en épocas de rebaixas». O comercio e as antigüidades son as que rexistran un meirando volumen de venda. Dentro do apartado do comercio, roupa, xoguetes e subsectores que mais venda están rexistrando.
Ademais, o equipo organizativo do certame en colaboración directa coas firmas presentes na Feira de Comercio, obsequian aos visitantes, mediante sorteo con un total de vinteún lotes promocionais. Cada firma aporta un obxecto ou prenda que a organización sortea entre todos os visitantes. Ovindeiro sorteo terá lugar xa o domingo, ás dezanove horas, e os agraciados serán comunicados vía telefónica para que poidan retirar o correspondente agasallo.
Once premiados
Na xornada do sábado os once primeiro agraciados foron: María Cruz Fernández (Pontevedra), José Manuel Ferradás (Silleda), Alejandro Varela (Boiro), Jaime Barreiro (Pontevedra), Rubén Martínez (Ribeira), Encarnación Caamaño (Noia), Mabel Subirats (Boiro), Sheila Castro (A Estrada), Camilo Parada (Vedra), Antonio Arcos (Portas) e Eduardo Silva (A Estrada). Os visitantes que desexen participar desta promoción, deben depositar cumprimentada a súa entrada, na furna que se atopa situada na saída da Feira, pavillón tres.
Coleccionismo en auxe
No que atinxe á Feira de Antigüidades, conta cun público fidelizado que a visita edición tras edición. Moitos son os amantes do coleccionismo e dos obxectos que nos retrotraen a etapas anteriores. E o mobiliario e decoración vintage, son o que fan as delicias dos especialistas na materia. O coleccionismo está a rexistrar un auxe dentro da nosa Comunidade Autónoma.
O parque infantil, patrocinado polo Concello estradense, tamén está a conseguir atraer o interese dos máis cativos e a vez, permite que os pais poidan visitar o certame comodamente namentras os seus fillos quedan divertíndose nos inchables e vixiados por unha azafata, para manter a orde e a disciplina. Este domingo a mostra permanecerá aberta de once a vinte horas.