O Concello de Santiago conmemorou hoxe o Día Internacional das Mulleres cun acto institucional no que a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e representantes dos grupos municipais que integran a Corporación deron lectura a un manifesto. Tamén se celebrou a cerimonia na que se deu a coñecer o fallo do premio Xohana Torres, que recaeu na súa modalidade de ensaio/investigación en Montserrat Fajardo, polo seu traballo «Caídas» sobre «o Patronato, unha organización descoñecida para o público en xeral e oculto o papel que desempeñaba coas mulleres en Galicia» que contribúe a «visibilizar todas as violencias terribles».