Chega una ano máis a Festa da Uña de San Lázaro, unha das nosas festas gastronómicas máis antigas e con grande valor na cidade. A presentación do programa, que se desenvolverá entre os días 15 e 18 de marzo, tivo lugar este mércores no Pazo de Raxoi, da man da concelleira de Turismo, Míriam Louzao; a xerente de Incolsa, Flavia Ramil; o presidente da Orde da Uña, Fernando Neira; e o xerente de As Cancelas, Javier Nicolás Blanco.