Veciños e veciñas de Angueira de Castro (Rois) protagonizaron esta fin de semana unha concentración de protesta na ponte do río Tinto polo trazado da liña de alta tensión de 220 kv Lousame Ames Tivo, que pasa entre o Castro Lupario e a súa aldea. Denuncian que é un “atentando contra ó patrimonio cultural e medioambiental galego, e que afecta tamén, e de forma relevante, ao Camiño Portugués”.
A veciñanza estivo apoiada por representantes de asociacións de peregrinos. Xuntáronse nunha das zonas que serán destruídas coa construcción da liña, nun intento de que paren a corta de arbóres e de que se evite “unha catástrofe que a Xunta está a permitir”, subliñan os opositores ao proxecto.
Unha loita que se remonta a catro anos atrás. Dende entón a veciñanzan vén demandando a búsqueda de alternativas, sen que a Administración autonómica respostase ás súas reivindicacións que, afirman, están avaladas por senllos informes do Consello da Cultura Galega e da Academia de Belas Artes.