Despídese 2023 e tamén a libraría Palacios, referente na venda de libros de texto pero tamén papelaría e libraría que comezou a súa andaina en Compostela en 1986, na avenida Quiroga Palacios.

Logo desta ubicación o negocio pasou para unha zona máis comercial, a rúa dos Concheiros, onde comezou a súa ‘especialización’ en libros de texto e material escolar e agora, entre a avenida de Lugo e a rúa Triacastela, onde leva xa unha década viviu unhas últimas semanas de liquidación “moi emotivas”, di Nieves Millán, a propietaria.

“Recibimos moito cariño, achegouse clientela que hai anos que non vía”, 37 a nos abertos ao público dos que Millán fai unha valoración “de dez”. Nieves Millán mergúllase agora nun novo proxecto, iniciado hai uns anos pero que agora ocupará todo o seu tempo, un negocio enoturístico en Boqueixón, no lugar de Pazo (Pousada).

Trátase de ‘María Manuela’, un establecemtno de cabanas de madeira, nunha carballeira e que rodeado de viñas, unhas cepas que este ano deron o primeiro albariño, tamén ‘María Manuela’.