A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández–Tapias; o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e concelleiros de Mos, Nigrán e Gondomar presentaron este martes o evento que se celebrará o vindeiro 14 de xaneiro
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentaron este martes a sexta edición do VI Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo que se celebrará o vindeiro 14 de xaneiro co apoio do Goberno galego, que eleva a súa achega económica respecto das anteriores edicións.No acto, ademais da delegada e do director xeral de Cultura, estiveron presentes a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández–Tapias; o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e concelleiros de Nigrán, Mos e Gondomar, ademais de rondalleiros das agrupacións participantes.Neste VI Certame de Rondallas da Área de Vigo participarán un total de 15 agrupacións, cinco delas da cidade de Vigo (Valladares, Beade, Helios de Bembrive, Zamáns e Freixo), catro de Mos (Guizán, Herville, Torroso e Santa Eulalia de Mos), dúas do Porriño (Pontellas e Atios), dúas de Gondomar (Vincios e Nosa Merced de Chaín), unha de Nigrán (Parada) e unha de Tui (Pexegueiro).En total, as quince agrupacións contarán con aproximadamente 1.200 rondalleiros participantes e o Ifevi disporá dun aforo de 7.000 persoas, contando as bancadas do pavillón e as cadeiras que se instalarán.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando