MÚSICA E MÁIS. O Mercado da Estrela segue coas súas propostas para esta fin de semana prenavideña. O músico compostelán Grande Amore será esta noite (22.00 horas) o cabeza de cartel dos concertos que se celebran na pista cuberta do Centro Xuvenil Don Bosco. Antes subirán ao escenario Catuxa Salom (19.30) e Mariagrep (20.45). Pola mañá haberá feira creativa de agasallos de Nadal (en San Martín Pinario de 11.00 a 21.00 horas) ou zona de Foodtruck na Praza 8 de marzo, entre outras actividades. As propostas para o Nadal ocupan boa parte das actividades deste fin de semana. Onte foi a quenda de Papanoeladas Moteras, que en Santiago está organizada por el club compostelano Black Birds Motorcycle Group. Os Santa Claus sobre rodas tomaron a Praza do Obradoiro.