O delegado territorial destacou a importancia de manter en boas condicións as estradas de titularidade autonómica para mellorar a seguridade de todos os usuarios

As obras están a realizarse sobre cinco vías que pasan polos concellos de Caldas de Reis, Meis, Sanxenxo, Barro, Pontevedra, Poio, Vilagarcía e O Grove

Normal 0 21 false false false ES Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 7 de setembro de 2023 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello de Vilagarcía de Arousa. En concreto, a zona de Carril por onde pasa unha das estradas nas que a Xunta está a desenvolver unha actuación de mellora do firme. A dita actuación beneficia a varias estradas que pasan polos concellos de Caldas, Meis, Sanxenxo, Barro, Pontevedra, Poio, Vilagarcía e O Grove e conta cun investimento da Xunta de máis de dous millóns de euros.