Gabriel Alén lembrou que a Xunta destina nesta nova edición 3 millóns de euros (1 M? en 2022) a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora nas súas infraestruturas turísticas
Esta orde financia tamén a posta en valor turístico dos recursos dos municipios beneficiarios a través da súa rehabilitación ou restauración para dedicalos a usos turísticos, así como coa recuperación de elementos etnográficos ou da arquitectura tradicional
O delegado territorial supervisou as obras de recuperación de varias fontes e o seu entorno nas que a Axencia Turismo de Galicia inviste máis de 25.000 euros na súa rehabilitación
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, subliñou a aportación do Goberno galego de preto de 1,3 M? a 43 concellos da provincia de Ourense de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora nas súas infraestruturas turísticas.Así o fixo esta mañá no concello de Riós, a onde se desprazou para, da man da súa alcaldesa, Eva Barrio, supervisar as obras de recuperación de varias fontes e o seu entorno nas que a Axencia Turismo de Galicia inviste máis de 25.000 euros na súa rehabilitación ao abeiro das achegas da orde de Infraestruturas Turísticas.O delegado territorial destacou que estas actuacións son unha mostra máis da aposta transversal da Xunta de Galicia polo turismo, “xa que actuamos en cuestións estratéxicas e de calado e tamén naquelas máis sinxelas, pero que contribúen ao embelecemento e que son moi valoradas polos visitantes”. Proba diso, quixo lembrar o delegado o remate da rehabilitación do albergue de peregrinos de Fumaces, “un espazo que se renovou cunha subvención de 262.263 euros cofinanciado polo Goberno galego, a través de Turismo de Galicia”.
Gabriel Alén subliñou que a Xunta destina nesta nova edición 3 millóns de euros (1 M? en 2022) a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora nas súas infraestruturas turísticas. A orde ten como obxectivo fomentar a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos destes municipios para consolidar a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.Esta orde procura a posta en valor turístico dos recursos dos municipios beneficiarios a través da súa rehabilitación ou restauración para dedicalos a usos turísticos, así como coa recuperación de elementos etnográficos ou da arquitectura tradicional. Ademais, apoia a mellora da accesibilidade a estes recursos coa eliminación de barreiras arquitectónicas e da súa sinalización con elementos integrados de forma respectuosa coa contorna.No núcleo de Castrelo de Cima existe unha fonte/mina que fornece aos veciños de auga que nace nas inmediacións do núcleo e que mantén caudal mesmo en época estival. É por iso que os veciños teñen especial interese na súa conservación, ademais que serve como punto de reunión e encontro onde as charlas e a convivencia dos veciños está garantida. Esta fonte foi co paso dos anos obxecto de pequenas actuacións que foron liquidando inconvenientes e problemas que xurdiron para a súa utilización, pero agora trabállase na recuperación e renovación integral que permita un cambio integral á zona.No núcleo da Trepa existe unha fonte/mina cun lavadoiro lateral que está oculto entre a maleza e a deterioración dos muros lindeiros de pedra, este tipo de elementos sempre foron puntos de reunión, faladoiros e charlas entre veciños, polo que se están a desenvolver actuacións para recuperar na medida dos posible a fonte/mina e o lavadoiro, adecuando a contorna para sexa un sitio de encontro.Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando